No marco dun recital de poemas de Uxío Novoneyra e Rosalía de Castro que contou coa contribución musical dos socios e socias do Centro Galego (gaitas, acordeóns, frautas e violíns) e coa Sala Ferrío ateigada de público, fallouse o certame literario anual de San Xurxo. Informa o Centro Galego de Barcelona.
No IX Certame San Xurxo, que se levou a cabo o pasado 23 de abril de 2006, resultaron premiadas ás seguintes obras:
Na modalidade de Poesía:
Sen Título. Obra escrita en Galego.
Pseudónimo: Amauta de Castro, correspondente a Rafael Xoán Muñoz Castro (Girona).
Na modalidade de Narrativa:
La Terra Obstinada. Obra escrita en catalán de temática galega.
Pseudónimo: Duoda, correspondente a Noemí Estevez Costa (Barcelona).
O Xurado estaba composto por:
Presidenta: Dona Kristal Veiga Novoa
Profesora de Filoloxía Galega na Universitat de Barcelona e dos Cursos de Lingua e Cultura Galegas da Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia, Doutoranda do Departamento de Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela.
Vicepresidenta: Dona Pura Salceda Carballeda
Doctora en Filoloxía Románica pola Universitat de Barcelona, profesora dos Cursos de Lingua e Cultura Galegas da Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia e Poeta.
Vocal: Don Xosé Carlos García González.
Xestor Cultural, Doutorado en Filoloxía Hispánica e Director do programa de radio La Llagosta "Escoita Galicia".
Secretario: Don Manoel Carrete Rivera
Delegado de Cultura do CGB e Licenciado en Dereito pola Universitat de Barcelona.
Os premios entregaranse co acto do vindeiro sábado 29 de abril.