Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
'Loita contra o terror'

Campaña publicitaria para pedir a dimisión de Condoleezza Rice

Asociacións estadounidenses exixen a renuncia pola súa participación en xuntanzas onde se autorizou a tortura de detidos.

Redacción - 13:40 16/04/2008
Rice e outros dirixentes autorizaron as torturas

Rice e outros dirixentes autorizaron as torturas

Tres asociacións estadounidense, True Majority, Brave New Films e Democracy for America, anunciaron nun comunicado conxunto o lanzamento da web CondiMustGo.com e dunha campaña de anuncios televisivos para exixir a dimisión da secretaria de Estado, Condoleezza Rice, pola súa participación en reunións en que se autorizou a tortura de detidos.

Xunto a esta, participaron tamén outros altos funcionarios como o vicepresidente Dick Cheney, segundo desvelou a canle de televisión ABC News. Nun principio asegurouse que George Bush quedara á marxe destas xuntanzas, aínda que dous días despois de se coñecer a información, o presidente admitiu estar ao tanto das mesmas e de aprobalas.

A web incluirá unha petición a prol da renuncia e un novo vídeo que documenta como Rice "mentiu ao Congreso e á nación" sobre o uso da tortura. Ademais, os tres grupos solicítanlles aos aspirantes presidenciais que pidan a renuncia da xefa da diplomacia estadounidense.



Os anuncios televisivos sairán ao aire o mércores pola noite en Pensilvania, onde os candidatos participarán nun debate nacional. "Condoleezza Rice axudou a decidir como torturar a xente, ese é o asunto", dixo o director de True Majority, Matt Holland.


4,2/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: