Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Novo intento de acordo

Medio ano despois, o Parlamento fará outro intento cara ao cambio do voto da emigración

PPdeG, PSdeG e BNG tratan de elaborar unha proposición de lei conxunta para trasladarlle ao Congreso.

Redacción / EP - 09:00 15/04/2008

Volve outra vez a posibilidade de que os tres grupos con representación parlamentaria sexan capaces de reunir o consenso mínimo arredor dunha proposta que, logo de ser aprobada no Parlamento, sexa enviada ao Congreso.

Cinco meses despois da última xuntanza ao respecto deste tema, nun proceso liderado naquela altura polo conselleiro de Presidencia, Xosé Luís Méndez Romeu, chega agora a quenda directa para os representantes dos grupos parlamentarios, que tratarán de acadar o acordo imposíbel até o momento.

As tres formacións non conseguiron consenso de momento sobre o alcalde das modificacións lexislativas necesarias, e o BNG foi de feito o único grupo que chegou a presentar unha proposta completa. Así, os nacionalistas propoñían por exemplo que se crease unha circunscrición única e que os emigrantes só votasen nos comicios xerais e nos europeos. O PSdeG só está disposto a aceptar que se restrinxa o voto nas eleccións municipais, e o PPdeG opta por que a emigración sigan votando en todas as citas electorais. O único consenso: que en calquera caso, ese voto se realice sempre en urna.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: