Dende o BNG acusan aos alcaldes socialistas e conservadores de defender os promotores e esquencer os cidadáns.
O Parlamento aprobou as normas logo dunha proposta da Consellaría de Vivenda que dirixe Teresa Táboas
A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), que preside o socialista Carlos Fernández, anunciou este venres un recurso contencioso administativo contra as Normas do Hábitat que elaborou a Consellaría de Vivenda. Fernández subliña que a decisión se tomou porque os municipios consideran que a normativa invade competencias dos consistorios e que nalgúns casos se perde o 15% de edificabilidade nos inmóbeis.
A decisión de acudir aos tribunais tomouse no seo da Fegamp cos votos a favor do PSdeG e do PPdeG e coa oposición do BNG. Dende esta última formación, o secretario de Política Municipal, Roberto Mera, acusou aos alcaldes socialistas e populares de “preocuparse máis polos intereses dos promotores ca da calidade de vida da xente”.