Os dous deputados do Bloque en Madrid, como xa anunciaron, pasarían a compartir grupo con CC, Na-Bai e UPyD.
Como xa anunciara, o BNG solicitou perante a Mesa do Congreso regresar ao grupo mixto, despois de ter favorecido, cos seus dous deputados, que ERC, IU e ICV constituísen grupo de seu. A petición rexistrouse o mércores despois do debate de investidura de Rodríguez Zapatero.
Francisco Jorquera e Olaia Fernández anuncian a súa intención de "formalizar" o abandono do grupo en que se atopan para facer efectiva a súa "integración no Grupo Mixto". O Bloque xa advertira que a súa presenza no grupo de ERC-IU-ICV se debeu a unha cuestión técnica, e non de afinidade ideolóxica.
En canto a Mesa do Congreso admita e acepte a petición, o BNG regresaría ao Grupo Mixto, que compartirá cos deputados de Coalición Canaria, Nafarroa Bai e Unión, Progreso y Democracia.