Breio, usuario de Open Vieiros, achega datos dunha enquisa realizada no instituto en que traballa sobre o escaso uso do galego entre a mocidade.
Breio compara no Open Vieiros a situación da lingua co tratamento da sida, unha doenza que acabou por se converter en terminal, mais segue a ser incurábel. Na súa reflexión, di que a solución para evitar a morte do galego é moi simple: falalo.
O autor amósase pesimista e achega os datos dunha enquisa realizada no seu instituto, que amosa que os adolescentes están a deixar de usar o idioma do país. Pero sempre queda a esperanza da utopía.
Xa sabes, se queres achegarnos unha noticia, deixar un artigo de opinión ou simplemente dar conta de calquera actividade, pasa por Open Vieiros.