Xacinto Vilavilla precibe “certo abandono” na causa que investiga irregularidades en expedientes de obra.
A chamada 'Operación Muralla' con ducias de axentes rexistrando dependencias da Deputación de Lugo pode acabar nun simple xogo de espellos. O fiscal xefe de Lugo, Xacinto Vilalvilla, denunciou este mércores que percibe certo desleixo na causa xudicial case dous anos despois dun operativo policial que acabou coa detención de dez persoas que quedaron en liberdade con cargos.
Vilalvilla alerta que poden prescribir o delitos que se están a investigar. O ministerio público sospeita que no organismo provincial, presidido naquel entón por Francisco Cacharro Pardo (PPdeG), houbo fraudes na adxudicación de expedientes de obras. O fiscal fala de que hai probas solicitadas que aínda non se practicaron e outras que non eran correctas.