Os activistas imputados participaran o pasado 6 de decembro nunha manifestación a prol da autodeterminación.
A acusación pública non ve probas de que sete activistas de Causa Galiza participasen o pasado día 6 de decembro na agresión a un axente antidisturbios. O fiscal tomaba esta decisión logo da vista que se celebrou este mércores nun xulgado de Vigo.
Dende o colectivo Ceivar fixeron público un comunicado na súa páxina electrónica no que acusan á policía de ter organizado unha “montaxe” para criminalizar sen motivo a estes militantes políticos.