Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
INCORPÓRASE BALEARES

Galiza, Euskadi e Cataluña potenciarán a tradución entre as tres linguas

Os gobernos que asinaron o Protocolo de Colaboración en Política Lingüística reuníronse este mércores en Barcelona.

Redacción - 18:53 02/04/2008
Os participantes no protocolo

Os participantes no protocolo

A comisión de seguimento de Política Lingüística de Galiza, Euskadi e Cataluña anunciou a posibilidade de poñer en marcha tradutores automáticos entre as tres linguas. Na xuntanza, que se desenvolveu este mércores en Barcelona, tamén se estudou a solicitude das Illas Baleares de se unir ao grupo de colaboración.

Os tres gobernos amosáronse favorábeis a facer efectiva a incorporación balear nun acto que terá lugar en Palma de Mallorca. A responsábel de Política Lingüística das Baleares, Margalida Tous, que participou no encontro, salientou a importancia de "sumar esforzos" a prol da normalización das linguas propias. Tamén Marisol López, Patxi Baztarrika e Bernat Joan, por Galiza, Euskadi e Cataluña, amosaron a súa satisfacción pola nova incorporación.

Na xuntanza tamén se trataron as actividades previstas para o presente exercicio, Ano Europeo das Linguas, como presentarlle a Declaración de París ao goberno español e á Comisión Europea, e participar en diversos foros sobre diversidade lingüística.


4,9/5 (10 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: