O conselleiro de Innovación e Industria recoméndalle á eléctrica que non sexa "imprudente" se non se quere "estrelar".
O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, respondeulle ao presidente de Unión Fenosa, Pedro López Jiménez, que dixo aspirar ao 20% do negocio eólico no país, baseándose na súa "raíz galega". Segundo o conselleiro, a repartición dos 2.325 megavatios será mediante un concurso público que gañarán as empresas que presenten o mellor proxecto.
Blanco Álvarez asegurou perante os medios de comunicación que "a ambición nas empresas está moi ben e as impulsa", pero advertiu a Unión Fenosa de que "convén non ser suficientemente imprudente para non se estrelar". O responsábel de Industria dixo que tanto o concurso como o decreto eólico "son claros" e que "vai gañar quen teña os mellores proxectos". "Así ten que ser e así vai ser sen dúbida ningunha", engadiu.