Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
Debate interno despois do 9M

O PNV muda a estratexia de Ibarretxe en favor do pacto a curto prazo co PSOE

O actual presidente do PNV, Iñigo Urkullu, falou de "dous planos diferentes" ao referirse ás posicións do lehendakari e do propio partido.

Redacción - 09:00 18/03/2008

"Foi o propio lehendakari quen dixo que se hai verdadeira vontade, tamén os prazos poden terse en consideración". Deste xeito se pronunciaba o actual presidente do PNV, Iñigo Urkullu, nos micrófonos da EiTB ao respecto da redefinición estratéxica da ruta marcada por Juan José Ibarretxe para os próximos meses, especialmente no que lle toca á consulta aos cidadáns prevista para o próximo outono.

Urkullu esforzouse en diferenciar o mapa estabelecido polo propio Ibarretxe e as opcións estratéxicas do seu propio partido, e insistiu en que se abre unha etapa onde existe "unha oportunidade de buscar un acordo político". "O primeiro dos pasos é profundizar nun acordo político entre o lehendakari e o presidente do goberno español", explicou, "e hai tempo para iso se se quere".

No novo contexto, sería máis doado que o PNV puidera apoiar a estabilidade do executivo español co PSOE á fronte. Ao respecto, desde o lado dos socialistas, a vicepresidenta primeira en funcións, María Teresa Fernández de la Vega, xa realizou unhas declaracións hai poucos días, onde insinuaba a posibilidade de que se abra un novo escenario onde sexa posíbel "a reforma do estatuto de Gernika".
Poden ampliar na EiTB24 e en Deia.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: