Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
XERAIS08

Só Galeuscat aguanta o vendaval bipartidista

Se en 2004, PSOE e PP sumaban o 80,3% dos votos, agora chegan ao 83.7%. Esquerda Unida entra no inferno e CiU, BNG e NaBai escapan da queima.

Redacción - 12:00 10/03/2008
Tags: xerais08

O reparto de escanos no Congreso non pode ser máis elocuente: o bipartidismo arrampla con todo. PSOE e PP sumaron este domingo o 83,75% do total dos votos, o que lles dá 322 dos 350 escanos do Parlamento español. A terceira formación política con vocación estatal, Esquerda Unida, baixa aos infernos e queda con só dous deputados e un 3,8% dos votos. Sen dúbida, a organización que dirixe Gaspar Llamazares, é unha das grandes perdedoras da noite. Mais non a única. A noutrora emerxente Esquerra Republicana recibe un duro castigo e pasa de 8 a 3 deputados, logo de deixar polo camiño máis de 150 mil votos. Eusko Alkartasuna desparece do Parlamento español ao perder a súa única representación. No medio desta voráxine, Nafarroa Bai consigue repetir resultados e manter o deputado, mentres Coalición Canaria desincha e pasa de 3 a dous representantes.

No novo escenario tan só as formacións que conforman Galeuscat aguantan o vendaval bipartidista, aínda que con matices ben diferentes. CiU aumenta un deputado e logra once representantes no Congreso, o Bloque mantén os dous parlamentarios e consigue unha pequena suba de votos e o PNV queda con seis (perdendo case 120 mil votos e un escano). O PSOE precisará o apoio de Galeuscat para poder sacar adiante os seus proxectos nesta lexislatura. Os datos son moi claros: só Galeuscat ten marxe de manobra para evitar que socialistas e populares se pechen nunha política estatal centrípeta e uniformizadora.


4,75/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: