Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Día Internacional da Muller

Un milleiro de persoas autoincúlpanse por abortar ou por apoiar a interrupción

A Marcha Mundial das Mulleres chamou a "estar preparadas" ante calquera acción que poida significar unha perda de dereitos: "Ningún dereito está conseguido de xeito infinito".

Redacción - 10:10 09/03/2008

Convocadas pola Marcha Mundial das Mulleres e de xeito individual con motivo do Día Internacional da Muller, e malia que a Delegación do goberno español en Galiza prohibiu as manifestacións por mor da xornada de reflexión, arredor dun milleiro de persoas, mulleres e homes, entregaron en xulgados de todo o país sinaturas de autoinculpación por casos de aborto.

Diversos actos tiveron lugar nas sete cidades galegas. En Vigo, a xornada festiva incluíu actividades durante máis de 10 horas consecutivas, comezando cunha concentración matutina na Praza 8 de Marzo. Posteriormente, unhas 300 persoas marcharon polas beirarrúas deica os xulgados de Vigo para entregaren as sinaturas. As persoas que quedaron fóra do edificio xudicial, permaneceron concentradas en sinal de protesta polas "desigualdades" da muller e baixo o lema Nin un paso atrás.

Precisamente, estas palabras formaron parte dos manifestos que se leron na Praza 8 de Marzo que, en todo caso, A Marcha Mundial tivo que modificar para "evitar sinalar a partidos políticos concretos", tal e como recollía inicialmente. Deste xeito, instaron ás mulleres a "estar preparadas" ante calquera acción que poida significar unha perda de dereitos. "Ningún dereito está conseguido de xeito infinito". Como exemplo, a "persecución" as mulleres que abortaron e as propias clínicas que realizan esta operación, que ven coma un "retroceso 20 anos atrás" nos dereitos das mulleres.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: