Ademais da condena, aprobada cos votos favorábeis de PNV, PSE, EB-Zutik e Aralar, a Xunta de Portavoces acordou situar a capela ardente na sala de plenos do Consistorio.
Todos os partidos políticos do Concello de Arrasate (Euskadi) agás ANV, que se abstivo, aprobaron unha declaración conxunta en que realizan unha "condena rotunda do vil asasinato" do ex concelleiro socialista Isaías Carrasco.
Ademais da condena, aprobada cos votos favorábeis de PNV, PSE, EB-Zutik e Aralar, a Xunta municipal de Portavoces acordou situar a capela ardente na sala de plenos do Consistorio, onde Carrasco "foi concelleiro e a súa familia reclamou que estea".
Tamén convocou unha concentración para o sábado, ás doce do mediodía, na Praza do Concello, e unha manifestación de repulsa, o luns, ás 19.00 horas. ANV, con sete edís, goberna en coalición cos tres edís de EB-Zutik.
Dende esta formación salientaron nun comunicado que "non hai ningunha razón de tipo político, nin de carácter ético" que "xustifique o asasinato dun ser humano, independentemente do seu proxecto, as súas ideas e a súa identidade".