Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Mariano Rajoy, presidente do PP

"Os dereitos individuais das persoas volverán a España, que ninguén teña dúbida"

"A ETA debe perder toda esperanza de conseguir os seus obxectivos políticos", afirmou o líder do PP.

Redacción - 15:20 07/03/2008
Tags:

"Hoxe é un día de loito e todos debemos estar unidos coa familia de Isaías Carrasco e todos unidos contra a ETA", afirmou o líder do PP na súa comparecencia para valorar o acontecido, "a única opción é a derrota da ETA coa lei, cos instrumentos do Estado de dereito, coas forzas de seguridade do Estado e coa insubornábel razón dos que formamos parte desa gran nación que é España".

"Todo o mundo sabe o que penso", dixo Mariano Rajoy, "os únicos culpábeis son os terroristas, os asasinos da ETA, e a única opción é a derrota coa lei". "Deben perder toda esperanza de conseguiren os seus obxectivos políticos, porque os españois non o imos consentir", seguiu Rajoy, "A liberdade e os dereitos individuais das persoas volverán a España, que ninguén teña dúbida", afirmou.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: