Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
REACCiÓNS

Os partidos acordan suspender a campaña

En Galiza, as tres forzas políticas maioritarias (PSdeG, BNG e PPdeG) dan por rematados todos os actos en sinal de loito.

Redacción - 14:51 07/03/2008
Tags: xerais08

O presidente do goberno español, José Luís Rodríguez Zapatero, e o presidente do PP, Mariano Rajoy, decidiron dar por finalizada a campaña electoral logo do atentado contra un ex concelleiro socialista en Mondragón. Os dous políticos tomaron esta decisión logo de conversar por teléfono.

Fontes do BNG tamén lle adiantaron a Vieiros que dan por finalizada a campaña. Ás seis da tarde está previsto que se reúnan representantes de todos os partidos que teñen representación no Parlamento español. Os nacionalistas anunciaron que acudirá á cita o coordenador da executiva, Francisco Jorquera.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: