Durante a campaña electoral non se poden enviar peticións de voto por vía postal, pero os nacionalistas afirman que nas cartas só se pedía o "apoio".
O pasado luns 10 de marzo a agrupación local do BNG en San Sadurniño entregou na oficina de correos un conxunto de cartas para a súa distribución como propaganda entre os habitantes daquel concello. Ao día seguinte recibiron a notificación que que non se podía realizar o envío. A razón esgrimida polos traballadores de Correos é a existencia dunha circular interna, con orixe da dirección provincial do servizo na que se indica que non se aceptarán envíos electorais que conteñan a petición de voto.
O alcalde de San Sadurniño, o nacionalista Secundino García, asegura que nas misivas incluíase unicamente unha "petición" de voto. García cualifica a medida de "caprichosa" e "arbitraria" e cre que ten a súa orixe en "instrucións dadas dende arriba" con intereses electorais. O BNG de San Sadurniño está a realizar agora por correo ordinario o envío que tiña previsto facer na modalidade de envío sen enderezo postal.