O arcebispo de Madrid gañoulle ao de Bilbao, Ricardo Bláquez, nunha votación apretada.
A Conferencia Episcopal Española escolleu presidente para os vindeiros tres anos ao arcebispo de Madrid, o vilalbés Antonio María Rouco Varela. O seu contrincante, Ricardo Bláquez, derrotado logo dunha apurada primeira votación (na que houbo un empate técnico) deixa a presidencia que ocupou até o de agora, logo de que Rouco Varela xa presidise a institución entre 1999 e 2005.
Rouco Varela volveu a contar co apoio incondicional dos sectores máis conservadores da Igrexa española, que mostraron unha actitude contraria á xestión do goberno socialista. Pola súa parte, Blázquez, que terá que conformarse coa vicepresidencia, avogaba polo diálogo para mellorar as relacións co Estado.