Olaia Fernández Davila afirma que lle esixirá ao Goberno Central que non renove a concesión.
Nun acto político celebrado en Poio, coa papeleira ao fondo, a cabeza de lista do BNG pola provincia de Pontevedra comprometeuse a a esixir o traspaso das competencias na concesión deste tipo de permisos, aínda que a curto prazo fixo fincapé no obxectivo de que o Goberno Central non prolongue a licencia actual. A meta é lograr que o traslado da planta a outra ubicación se realice antes do 2018.
No acto, no que estivo presente o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, Fernández Davila lembrou que tanto o concello coma a Xunta están traballando xa na procura dun novo emprezamento para ENCE. Así mesmo, defendeu que nas novas intalacións se manteñan e mesmo se amplíen os postos de traballo, realizando o ciclo completo do papel.
A candidata salientou finalmente a "visión ecoloxista do territorio" do BNG e lembrou que as razóns polas que solitican o traslado de ENCE baséanse "no deterioro medioambiental e dos bancos pesqueiros e marisqueiros que causa".
Ausencia de Quintana
O acto non foi encabezado por Quintana, como estaba previsto, pois "por motivos persoais" debido á enfermidade dun familiar próximo, non puido trasladarse a Poio. Con todo, Quintana sí participará nos vindeiros actos do BNG en Ourense e Lugo.