Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
SOFTWARE

Windows Vista: as rebaixas comezan en marzo

Microsoft decide baixar o prezo do seu sistema operativo para impulsar as súas vendas.

Redacción - 14:00 29/02/2008

A multinacional da informática Microsoft anunciou que rebaixará os prezos da última versión do seu sistema operativo, Windows Vista. Deste xeito, pretende combater as baixas vendas do produto que, en calquera caso, se inclúe no prezo de moitos equipos novos. A baixada do custo do Windows Vista será de aproximadamente o 40 por cento e producirase en todo o mundo.

Segundo informa a axencia EFE, a medida vaise aplicar para todas as modalidades de Windows para uso doméstico: Vista Home Base, Vista Home Premium e Windwos Ultimate, ademais da actualiación a Vista SP1. Aínda que se prevé que a rebaixa comece o 1 de marzo, é posíbel que non chegue aos comercios até abril.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: