Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
PODERASE ACTUALIZAR A TRAVÉS DA WEB

Haberá Service Pack 1 para Windows Vista en 2008

A SP1 estará centrada en melloras na calidade, seguridade, eficiencia e soporte para novo hardware

Redacción - 11:44 30/08/2007

A primeira grande actualización para o sistema operativo Windows Vista chegará ao mercado a comezos do próximo ano. Esta lanzamento pode ser crucial para Microsoft pois as grandes empresas esperan o primeiro "service pack" - un conxunto de programas de reforzo, actualizacións e melloras - antes de decidirse a cambiar de sistema.

Os clientes corporativos prefiren dar certo tempo a Microsoft para solucionar os problemas experimentados polos usuarios regulares, que adoitan comprar os seus computadores novos co último sistema operativo xa instalado.

Nunha nota colgada na súa páxina web, Microsoft vai empezar a probar o Windows Vista SP1 entre un conxunto pequeno de usuarios en poucas semanas, e espera distribuír o produto entre os fabricantes de computadores no primeiro trimestre de 2008.

Microsoft anunciou que o primeiro paquete non é tan significativo como no pasado, porque a compañía pode agora instalar parches e reforzos no produto por medio de actualizacións a través de Internet.

Windows Vista SP1 vai mellorar a seguridade do sistema operativo, a súa estabilidade e o seu rendemento, pero non cambiará a súa aparencia, nin engadirá ningunha función importante. Microsoft tamén comunicou que atrasará a data de distribución do Windows Server 2008 entre os fabricantes de hardware.

A compañía tamén vai lanzar o terceiro "service pack" de Windows XP, o predecesor de Vista, nas próximas semanas. Distribuirase entre os fabricantes de computadores no primeiro semestre de 2008.


3,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: