O rexedor popular réstalle importancia aos feitos e considera que foi unha "gamberrada". Mentres, a Garda Civil investiga a composición do explosivo.
Un artefacto de escasa potencia, posíbelmente un petardo, estoupou ás once e media deste luns debaixo do vehículo do alcalde de Boborás, Cipriano Caamaño Castro (PPdeG). A explosión produciu escasos danos materiais. Aínda que o rexedor lle quitou importancia aos feitos, cualificándoos de "gamberrada", a Garda Civil está a investigar as causas dos feitos e a composición do explosivo.