Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
Unhas horas antes de abrir a campaña electoral

A esquerda abertzale pide a abstención no 9-M como "plante ao Estado"

Os independentistas vascos piden que non se vote "activamente". Un día despois, os 8 gardas civís acusados de torturar a Igor Portu compareceron e ratificaron a versión oficial.

Redacción - 19:24 22/02/2008

A "abstención activa" é a aposta dos independentistas vascos ante as eleccións do vindeiro 9 de marzo, como "xesto de rebeldía" e "plante ao Estado Español" ante o "déficit democrático" que supón a imposibilidade de presentar listas pola suspensión xudicial das actividades de ANV.

Así o sinalou en rolda de prensa a concelleira de Iruñea e cabeza ao congreso por Navarra na listaxe que ANV presentou antes da súa suspensión, Mariné Pueyo, quen asegurou que nestas circunstancias, a petición de abstención "é un exercicio de responsabilidade política".

Acompañada duns trinta electos independentistas, detrás dun cartel no que se podía ler "Euskal Herriak abstentzioa", Arantza Urkaregi en eúscaro, e Pueyo en castelán, fixeron un chamamento a toda a sociedade abertzale e progresista para que "responda como pobo coa abstención, porque este é o noso xeito de levar o noso clamor pola independencia ás urnas".

Os garda civís acusados din que non torturaron a Igor Portu
Os oito gardas civís que participaron na detención e custodia dos presuntos etarras Igor Portu e Martín Sarasola ratificaron esta sexta feira a versión oficial, segundo a que os dous mozos non sufriron torturas, xa que as súas lesións se produciron, segundo dixeron, durante as súas respectivas detencións.

Os oito axentes acudiron a un xulgado de Donistia esta sexta feira, citados após declarar, o pasado 8 de xaneiro no Hospital Donostia, onde se atopaba ingresado, Igor Portu.

Naquela altura Portu, que foi detido xunto con Sarasola en Arrasate, asegurou que non opuxo resistencia ao seu arresto, e que foi golpeado por axentes da garda civil dende que foi capturado até que o levaron a Lesaka (Navarra) para participar en varios rexistros. Dous días despois de ingresar no hospital Portu, o 9 de xaneiro, o ministro do Interior español, Alfredo Pérez Rubalcaba, asegurou que as feridas que presentaba o presunto membro de ETA eran consecuencia das manobras de "suxeición e retención" ás que foi sometido, como corroboraron agora os oito axentes citados.


4,6/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: