A negativa do Estado Español a recoñecer Cosova dá pé a numerosas análises sobre o "separatismo catalán, vasco e galego", nas axencias de noticias.
DPA (axencia alemá de noticias): "A principal razón da oposición de España é o medo a que unha Cosova independente lle dea pulos aos movementos separatistas nas rexións españolas setentrionais, Euskadi, Cataluña e Galiza, que teñen linguas de seu xunto co español". "Galiza é máis morna na fronte separatista, mais o nacionalistas rexionais uníronse a vascos e cataláns en darlle a benvida á Cosova independente".
Euronews (canal europeo de noticias): "En previsión de que as reclamacións dos separatistas poidan ir a máis, Rajoy advertiulles a cataláns, vascos e galegos que emular a Cosova sería un erro histórico xa que nunca foi unha república da Federación Iugoslava".
LatinReporters (actualidade en francés sobre o Estado Español e Latinoamérica): "A vinte días das eleccións lexislativas do 9 de marzo, a proclamación unilateral da independencia de Cosova, aplaudida en España polos nacionalistas vascos, cataláns e galegos, non axuda en absoluto ao presidente do goberno socialista, José Luis Rodríguez Zapatero". "
En Galiza, ao igual que en Cataluña, os socialistas exercen o poder rexional en coalición cos independentistas. Todo proceso de autodeterminación é lexítimo en calquera parte de Europa, sostén Francisco Rodríguez, portavoz do BNG, aliado local do Sr. Zapatero".
Interfax (axencia rusa de noticias): "A declaración de independencia dá pé a que outras rexións dean pasos similares". "A situación en Europa Occidental pode chegar a se poñer difícil; por exemplo, en España, onde os sentimentos separatistas son obvios, en Cataluña, en Galiza e en Euskadi, así como en Córsega na Francia". "Esta tendencia pode afectar ao norte de Italia e levar ao colapso de Bélxica".
Cosova independente: todo ben?