Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Posíbeis pagos a unha axente electoral do PSdeG

O PPdeG exixe a destitución do responsábel de Emigración e a dimisión de Soneira

Pide a comparecencia urxente de Touriño na Cámara para explicar a "trama mafiosa" dun departamento que depende de Presidencia.

Redacción - 18:20 15/02/2008

O secretario xeral do PPdeG, Afonso Rueda, exixiu este venres a substitución do secretario xeral de Emigración, Manuel Luís Rodríguez, así como a dimisión da deputada socialista Marisol Soneira polo presunto pago con cartos públicos dunha viaxe a Bos Aires dunha axente electoral do PSdeG.

Ademais, os populares pedíronlle á Xunta que amose a "solicitude" que probe que este se fixo por "razóns estritamente humanitarias" e non por ser unha suposta axente electoral do PSdeG. Afonso Rueda considerou "ridículas" estas explicacións dadas pola Secretaría Xeral de Emigración,

O secretario xeral do PPdeG destacou as "contradicións" da deputada do PSdeG Marisol Soneira, quen, segundo os populares, actuou de intermediaria, e que primeiro dixo nun comunicado que "non coñecía o caso", e despois recoñeceu que lle axudara a conseguir un traballo. "Se tiña un traballo, onde está a situación de extrema necesidade?", engadiu.

Comparecencia de Touriño
Por outra banda, Rueda lamentou que o PSdeG "intente ir pola parte máis débil", en referencia á ameaza de Soneira de acudir aos tribunais contra María Isabel B.R. se non rectifica as súas acusacións. "Se fose verdade o que din, a denuncia xa tiña que estar posta", afirmou, e retou aos socialistas a actuar xudicialmente contra o PPdeG.

Os populares anunciaron ademais que levarán este asunto ao Parlamento, onde esixirán a comparecencia urxente de Pérez Touriño, porque Emigración depende directamente da Presidencia. "Que nos diga se vive na inopia ou se sabe moito máis do que nos din", dixo o voceiro do PPdeG na Cámara, Manuel Ruíz Rivas.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: