O colectivo considera a detención, aínda no caso de que houbera un delito, porque non hai ningún risco de fuga dos estudantes.
O Movemento polos Dereitos Civís (MpDC) considera “inapropiada” a detención dun estudante que participou nas protestas en Económicas. Dende o MpDC sinalan que de terse producido algún delito o lóxicos sería citar ao implicado e non practicar a detención.
O colectivo cre que a actuación xudicial semella ter “un carácter político” que se inscribe “no momento de crispación no que nos atopamos. Coa súa decisión, a Fiscalía está dando un trato de delincuentes perigosos a estes mozos contra os que nin sequera a parte afectada presentou denuncia e sen que haxa indicios que apunte a unha posíbel fuga”
Poden ler aquí o comunicado íntegro