Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LEI DE VIVENDA E SOLO

Novas medidas para garantir a construción de vivenda protexida

O proxecto fixa porcentaxes mínimas segundo o tamaño do concello e prazos máximos de remate das edificacións.

Redacción - 17:32 14/02/2008

O Goberno aprobou este xoves o proxecto de Lei de medidas urxentes en materia de vivenda e solo para a súa tramitación no Parlamento. O texto modifica a Lei do solo 9/2002 para garantir a construción de vivendas de protección oficial e o dereito dos cidadáns a accederen a elas.

O proxecto crea por primeira vez no país unha rede de solos dotacionais para vivenda pública, seguindo as experiencias doutras comunidades autónomas. Tamén estabelecerá medidas para garantir o cumprimento dos prazos de construción das vivendas e regular a súa distribución no territorio.

O texto tramitado por Política Territorial reserva o 40% de edificabilidade para vivenda protexida nos concellos de máis de 20.000 habitantes. Nos municipios intermedios fíxase o 30%, que se pode reducir ao 20 se se acredita que pode cubrir a demanda de vivenda protexida. Por último, os concellos de menos de 5.000 habitantes recibirán un tratamento especial, que mesmo os pode deixar exentos de reservar edificabilidade protexida. Por outra banda, o proxecto regula a distribución de vivenda protexida en cada concello para evitar a súa concentración e evitar a creación de zonas marxinais.

Os promotores de solo terán que ceder 2,5 metros cadrados de solo por cada 100 metros cadrados de edificabilidade, cos que se creará unha rede de solo dotacional público. Ademais, os prazos de construción non poderán superar os das vivendas libres. Os concellos decretarán a inscrición obrigatoria no rexistro de soares e, dous anos máis tarde, a edificación forzosa. Se un ano despois non adoptase esas medidas, a Xunta poderá executalas por decreto.


1/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: