Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
RINOCERONTE PUBLICA A OUSMANE SEMBÈNE

Galiza é negra

Tradúcese ao galego 'O xiro postal', novela do escritor e cineasta senegalés, inédito no Estado Español e falecido en 2007.

Redacción - 09:00 18/02/2008

Ousmane Sembène está considerado como o pai do cinema africano. Foi a primeira persoa na África negra en dirixir unha longametraxe (La noire de...) e tamén foi o primeiro en rodar un filme falado nunha lingua africana (Mandabi, en 1968). De feito, as súas películas foron exhibidas en Cannes, Berlín e Venecia. Así e todo, tan só o seu derradeiro traballo (Moolaadé, 2004) chegou a España. Tamén as súas novelas foron traducidas e distribuídas nos Estados Unidos, Francia e mesmo Portugal, onde foi o propio José Saramago que exerceu de tradutor. Pero, de novo, ningún dos seus libros foi traducido ao castelán.

A editorial Rinoceronte arrisca, unha vez máis, fai unha aposta, e trae a Galiza a Sembène. Publica O xiro postal, traducido por Isabel García Vázquez, a partir do orixinal francés Le mandat, levado ao cinema en Mandabi polo propio Sembène. O libro constitúe un retrato mordaz da África post-colonial e únese a outras apostas da editora do Morrazo, que nos últimos tempos especializouse en abrir á literatura galega a autores internacionais de gran prestixio, pero que permanecían inéditos en galego, como John Berger, Julian Barnes, Ivo Andric ou Yasunari Kawabata.


Ligazóns

4,14/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: