Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Desacordo no PPdeG sobre a decisión

Santa Comba debaterá a primeira moción de censura logo das últimas municipais

Sete edís do PPdeG e dous independentes presentan unha moción de censura contra o alcalde de Santa Comba.

Europa Press - 09:00 14/02/2008

O concello coruñés de Santa Comba converteuse no primeiro de Galiza no cal se presenta unha moción de censura tras as municipais de maio de 2007, despois de que sete edís do PP e dous independentes subscribisen este mércores no rexistro unha iniciativa para apartar do bastón de mando o alcalde, o socialista Xosé Antonio Ucha Velo.

A concelleira do PP que ocupou o número dous das listas, María Xosé Ares Casal, non apoia esta moción de censura, que propón como alcalde alternativo ao independente Miguel Pérez Fernández. Os impulsores desta iniciativa, que será debatida no pleno convocado para o 25 de febreiro, acusan o actual alcalde de "fustrigar" a oposición e denuncian un suposto "deterioración progresiva da vida política municipal".

Xosé Antonio Ucha Velo é alcalde de Santa Comba dende as pasadas municipais, nas que só conseguiu dúas actas de edil, aínda que gobernaba co apoio de dous concelleiros do Partido Independentes por Santa Comba, ao cal tamén pertencen outros dous concelleiros que apoian a moción de censura.

Ademais dos dous concelleiros do PSdeG e catro do Partido Independentes por Santa Comba, agora divididos en dous bandos entre os que apoian a censura e os que apoian o alcalde, a corporación deste concello coruñés con máis de 10.500 habitantes censados está integrada por oito edís do PP e tres de Terra de Xallas.

"O poder polo poder"
En declaracións a Europa Press, Ucha Velo acusou o edil que se postula para a alcaldía de querer "o poder polo poder" e de "traizoalo". "Todo lle vale con tal de chegar á alcaldía, pero terá que verse coa presión do pobo", aseverou o rexedor, quen cre que conta co apoio dos veciños despois de só sete meses na alcaldía.

O pasado luns a corporación non aprobou os presupostos municipais para este exercicio e quedaron automaticamente prorrogados os de 2007, despois de que todos os edís, incluído o propio alcalde, se abstivesen na votación, agás os tres de Terra de Xallas.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: