Esperanza Aguirre, presidenta da Comunidade de Madrid avanzou que promoverá un centro escolar que levará o nome de Josep Tarradellas, ex presidente da Generalitat, e ofrecerá clases "en catalán."
Esperanza Aguirre
Aguirre fixo o anuncio durante a súa intervención nun acto do PP en Cataluña, na cidade de Lleida. "A Comunidade de Madrid vaille ofrecer a aqueles pais que o desexen a posibilidade de escolarizaren os seus fillos en catalán desde o próximo curso", afirmou, "aínda que por suposto ademais de catalán haberá horas abondo de castelán para asegurar o bilingüismo", precisou.
Malia asumir o compromiso de pagarlles escola aos que non queira estudar en galego, éuscaro e catalán O paradoxal anuncio de Esperanza Aguirre ás portas da campaña electoral contrasta co compromiso asumido, hai non moitas semanas, de proporcionarlle bolsas de estudo a alumnos de Galiza, Euskadi e Cataluña para que poidan estudar exclusivamente en castelán.
Aguirre asumía así a proposta ao respecto do Consello Escolar da Comunidade de Madrid, controlado polo executivo madrileño e por grupos conservadores afíns, que lle solicitaba fornecer esa oferta para os que non quixesen estudar "en comunidades con políticas de inmersión lingüística".