Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
CHAMADAS INTERNACIONAIS

A UE insta as compañías de telefonía móbil a rebaixar as conexións de datos

Viviane Reding esixe que os prezos se reduzan de aquí ao verán. Algunhas compañías xa comezaron a baixar as tarifas.

Redacción - 13:04 11/02/2008

O próximo obxectivo da comisaria europea da Sociedade da Información Viviane Reding, será que as compañías de telefonía móbil reduzan os prezos das conexións internacionais de datos. A Unión Europea advirte de que a baixada do custo se deberá facer efectiva antes do veránl.

A mesma mensaxe centrará o Congreso Mundial Móbil 3GSM, que comeza este luns en Barcelona. Reding xa conseguira que os vinte e sete adoptasen o ano pasado o compromiso de reducir o prezo das chamadas de voz fóra do país de orixe, pero aquel acordo non incluíra as descargas de datos nin as mensaxes de texto.

Segundo un estudo de ERG, o envío dun megabyte de datos dun estado europeo a outro tiña, no terceiro cuadrimestre de 2007, un prezo medio de 5,24 euros. O custo é moi superior ao que, por exemplo, ofrecen algúns operadores por un xigabyte de datos, inferior aos 50 euros.

Algunhas empresas de telecomunicacións xa responderon rebaixando estes servizos, que só representaban entre o 2 e o 4 por cento dos seus ingresos. En contrapartida, confían en que a redución dos prezos anime os consumidores a empregar máis este tipo de conexións, como está a acontecer coas chamadas internacionais.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: