Dende que comezou a comercialización dos OMG (Organismos Modificados Genéticamente, coñecidos como alimentos transxénicos), a mediados dos 90, houbo unha absoluta falta de información, transparencia e control dos mesmos, creándose ao seu arredor un incómodo silencio que poucos se atrevían a rachar. Xurde entón un movemento contrario ao consumo e cultivo destes alimentos, no que organizacións ecoloxistas coma Amigos da Terra, reclaman aos organismos competentes a claridade na información sobre o uso dos transxénicos e a non experimentación cos mesmos. Logo de estudar a avaliación do ensaio con transxénicos do Ministerio de Medio Ambiente, seguimos a notar a falta de información neste tema.
Dita avaliación argumenta que os controis sobre os cultivos de ensaio serán rigorosos, pero suscítanse dúbidas ao concluir este informe que as distancias de illamento de 200m preservarán as poboacións de millo tradicional da posible transferencia xénica, dato que resulta cando menos curioso, comparándoo con estudos que cifran a distancia de viaxe das esporas do polen en quilómetros, segundo as condicións climatolóxicas. Tamén argumentan a non supervivencia das sementes debido ás condicións áridas do chan, algo que pode variar ao estar suxeito a algo tan cambiante coma é o clima. Despois de analizar a información recollida nas campañas de rúa sobre transxénicos levadas a cabo por Amigos da Terra, podemos concluir que hai un grave descoñecemento e unha inquietude pública xeralizada, especialmente no eido da saúde e o medio ambiente. Un pequeno estudo sobre a disponibilidade de información sobre OMG nas oficinas públicas de consumidores/as, desvela o seu total descoñecemento sobre a existencia dalgún tipo de publicación sobre o tema en cuestión.
E é agora cando despois de pornos en contacto cos distintos cargos públicos dos concellos onde vanse realizar ditos ensaios, podemos afirmar que o descoñecemento é total e absoluto. Afirman que polo de agora ninguén púxose en contacto con eles para falar do tema nin para aportarlles información sobre algo que, coma alguén non o impida, vai facerse nos seus pobos transformando o que ate o de agora eran terras limpas de transxénicos en terreos cun potencial de contaminación dos cultivos de dimensión descoñecida. Para conseguir que isto non ocorra, Amigos da Terra proporciona información aos municipios afectados e convoca diversas accións dentro da Campaña Internacional de Zonas Libres de Transxénicos, tendo programados actos na rúa entre o mes de febreiro e marzo, que promoven informar á cidadanía dos perigos que entrañan estes ensaios, para que estes poidan con liberdade de información tomar postura ante o lema de “¿TRANSXÉNICOS? EN GALIZA NON, GRAZAS”