Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O DIFÍCIL CAMIÑO DA AUTODETERMINACIÓN

Serbia advirte que declarará nula a proclamación de independencia de Cosova

Belgrado podería rachar as súas relacións diplomáticas con aqueles países que recoñezan a soberanía dos cosovares.

Redacción - 18:25 14/01/2008

O goberno serbio aprobou este luns unha serie de medidas para responder á futura declaración de independencia de Cosova. O executivo de Belgrado ten preparada unha folla de ruta para intentar abortar o camiño independentista. Aínda que non dá detalles do plan, o goberno serbio advirte que declarará nula a declaración e reconsiderará as relacións diplomáticas coas nacións que recoñezan a soberanía de Cosova.

Dende 1999, Cosova está baixo protección da ONU. Mentres Pristina insiste en obter a independencia, Belgrado quere que se conforme cun estatuto de autonomía. Malia a tensión e o medo a choques violentos, os líderes cosovares manteñen a súa disposición de sacar adiante unha declaración unilateral de independencia.


4,2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: