Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Informe do Consello da Xunta sobre 2007

A economía medra en Galiza dúas décimas por riba da media do Estado

Pechará o presente exercicio cun crecemento do 4%, aínda que se recoñece que pode haber unha desaceleración provocada polos últimos acontecementos a nivel internacional.

Redacción - 18:20 24/01/2008

O conselleiro de Economía e Facenda, Xosé Ramón Fernández Antonio, presentou este xoves no Consello da Xunta o Informe sobre conxuntura económica. Programa de medidas sobre a situación actual e futura do noso país neste contexto.

Os datos reflicten que Galiza remata o ano 2007 medrando e con rexistros positivos nos principais indicadores de actividade, aínda que os datos que se coñecen do cuarto trimestre do ano apuntan unha lixeira desaceleración en consonancia coa situación internacional.

A economía do noso país vai pechar o exercicio 2007 cun crecemento en torno ao 4%, dúas décimas por riba da media do Estado (3,8%). Ademais, hai previsións de que o aumento do PIB galego sexa superior ao español e mais ao europeo, e malia a desaceleración, Galiza seguirá a converxer coa Unión Europea.

Accións e medidas previstas

En canto as accións e medidas previstas polo Goberno, salienta o impulso da licitación pública cun Plan de Dinamización da Obra Pública que perseguirá a axilización da licitación e da contratación de obra pública no eido das estradas, a vivenda, o solo industrial e as infraestruturas hidráulicas.

Este plan terá una dotación de 1.575 millóns de euros no ano 2008, dos que 804 millóns se investirán no primeiro semestre. Do total, 761 millóns de euros van ir a infraestruturas de transportes; 229, ao ciclo da auga; 226, a vivenda e solo; 99, a centros sanitarios; e 68, a centros educativos.

Outras medidas son: a reforma en profundidade do Imposto de Sucesións e Doazóns; o impulso ao Programa de Vivenda en Aluguer; o fomento do autoemprego, con 35 millóns de euros en 2008; cobertura, a través da Lei de Dependencia, de 18.000 persoas, así como a profesionalización da figura do coidador das persoas dependentes no ámbito da familia; e a actualización das pensións.


4,33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: