O presidente do PPdeG pídelle a Touriño que "deixe de frivolizar coa economía" e que "non anuncie incrementos de investimento dez veces maior do que ten o orzamento".
O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, afirmou este xoves que "en menos dun mes, o presidente da Xunta presentará unha emenda a totalidade ao seu propio presuposto". Ademais, pediulle a Emilio Pérez Touriño que "deixe de frivolizar coa economía" e que "non anuncie incrementos de investimento dez veces maior do que ten o presuposto o orzamento".
Feijoo realizou estas declaracións tras a xuntanza que o Comité de Dirección mantivo este xoves en Compostela para tratar temas económicos. "Touriño anuncia incrementos de investimentos do 35% e no orzamento da Xunta só soben o 3%, polo que o investimento é insuficiente", dixo.
Nos dous anos e medio do bipartito, consideran dende o PPdeG, existe unha desaceleración no investimento en infraestruturas. O presidente dos populares sinalou que "os datos son datos e non son opinións e, nos últimos orzamentos da Xunta do PPdeG, o incremento do capítulo VI de Política Territorial foi do 28,5% e a partir de entón, a taxa de incremento vai baixando, até acadar un valor do 3,3% en 2008, precisamente cando máis hai que impulsar os investimentos públicos".