Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
'Declaración de Edimburgo'

O BNG asina en Escocia un documento ao abeiro da Alianza Libre Europea

Formacións políticas de seis nacións europeas sen Estado (Galiza, Países Cataláns, Euskal Herria, Flandres, Escocia e Gales) comprometéronse á cooperar culturalmente, e abriron un debate sobre a independencia dentro da UE.

Redacción - 17:50 20/01/2008

Seis partidos nacionalistas europeos con responsabilidades de goberno -BNG (Galiza), ERC (Países Cataláns), EA (Euskal Herria), SNP (Escocia), Playd Cymru (Gales) e Spirit (Flandres) asinaron este sábado a Declaración de Edimburgo, un documento polo que se comprometen a colaborar culturalmente, segundo publican varios medios internacionais.

Ademais, debatiuse unha outra declaración de maior contido político onde se lle reclama á Unión Europea "unha reflexión profunda sobre as súas fronteiras internas".

Concretamente, falouse sobre a posibilidade de que as nacións sen Estado se convertan automaticamente en novos membros, "sen teren que pasar por ningún período de adecuación", xa que na actualidade forman parte da mesma como entes subestatais.

A Declaración de Edimburgo está baseada nos "principios democráticos e no respecto aos dereitos humanos". Enmárcase dentro do encontro anual que organiza a Alianza Libre Europea (ALE), e quere xerar un novo discurso sobre o papel que deben ter os pequenos estados europeos na construción da UE, tal como Irlanda, Finlandia, Dinamarca, os estados Bálticos ou Eslovenia.

Máis información en BBC Scotland, icWales, VilaWeb, e EiTB.


4,69/5 (13 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: