Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
COMUNICADO DA DIRECTIVA

Sargadelos culpa a Díaz Pardo de "prexudicar" o futuro da empresa

A directiva afirma que o IGI leva 30 anos sen cumprir co seu obxectivo e que "estragou 6.000 millóns de euros".

Redacción - 18:15 18/01/2008

Socios e directivos de Cerámicas do Castro e Sargadelos aseguran que "garanten" a preservación do legado cultural do proxecto do grupo editorial e artesanal e que se suman ao respaldo que expresaron os ex-presidentes da xunta e outras personalidades, e que trasladaron ao Goberno. Porén, puntualizan que a actitude do anterior presidente do grupo, Isaac Díaz Pardo, "prexudica" o futuro da institución.

A directiva salienta que "o perigo da continuidade dese legado foi o que obrigou a maioría dos socios de Sargadelos e O Castro a promover un plan de modernización das empresas". Tamén afirma buscarlle "unha solución ao fracaso" do Instituto Galego de Información (IGI), do que din que "leva 30 anos sen cumprir o seu obxectivo fundacional: a edición do xornal Galicia" e que "estragou 6.000 millóns de euros", o que, ao seu entender, "compromete" o desenvolvemento doutras iniciativas do grupo.

Ademais, a directiva de Sargadelos cre que Díaz Pardo é o autor dunha "campaña que prexudica a imaxe do proxecto" e que "todos os esforzos de aproximación foron inútiles", mesmo a oferta de que fose presidente honorífico con competencias directas na dirección de accións culturais.

"Mala os obstáculos", continúa a empresa, foron quen de inaugurar un novo concepto de galería na Coruña, reforzar o equipo de deseño, crear un departamento comercial, introducir novas tecnoloxías e explorar novos mercados, "co compromiso de continuidade" e o financiamento de Ediciós do Castro e do Museo Carlos Maside "que seguen dirixidos por Díaz Pardo".


4,83/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: