A xunta de accionistas de Sargadelos celebrou este martes unha reunión que afondou nos enfrontamentos internos asinando a saída de Isaac Díaz Pardo e seus fillos Camilo e Xosé Díaz, deica agora administradores do grupo empresarial. Na altura dos 86 anos, Díaz Pardo deixa así de ter o control sobre o proxecto que axudara a fundar, na actualidade constituído por unha ducia de sociedades. Santiago Sineiro, Xavier Remeseiro e Xosé Luís Vázquez Freire toman o relevo neses cargos, e anuncian para a semana o nomeamento dun novo presidente. Os accionistas argumentan a necesidade de adaptar a empresa aos novos tempos e a oposición do histórico galeguista a dialogar ao respecto. Pola súa banda, Díaz Pardo acúsaos de deslealdade e de querer rachar cos principios fundacionais.