O Partido Galeguista elixirá unha nova directiva e debaterá as súas teses políticas para o futuro.
O IX Congreso dos Partido Galeguista celebrarase o vindeiro 26 de xaneiro, baixo o lema "Onte, hoxe e mañá: Nós". O Congreso, que elixirá unha nova directiva e debaterá as súas teses políticas para o futuro, xirará ao redor do "nós identitario, integrador e non excluínte, que representa a tódalas xeracións Galeguistas".