O presunto membro da ETA foi conducido á cadea de Martutene un día despois de ordenar o xuíz Grande-Marlaska o seu ingreso en prisión.
Segundo informan axencias de noticias, citando fontes sanitarias e penais, o presunto membro da ETA Igor Portu, detido o domingo en Arrasate e hospitalizado 15 horas despois da súa detención, foi conducido ao cárcere donostiarra de Martutene un día despois de que o xuíz Grande-Marlaska ordenase o seu ingreso en prisión.