O campionato estatal de balonmán pechou as portas coas finais, que esta terminaban esta tarde. Nelas estaban as seleccións galegas infantil e cadete masculinas e a cadete feminina.
As finais estiveron cheas de bo balonmán. A pesares do noviños que eran os xogadores, botaron uns emocionantes partidos que puñan punto a final a cinco días de balonmán.
En infantil feminino, as valencianas gañáronlle á selección de Andalucía por 20 a 17, facendo grandes esforzos, sobre todo na segunda metade. Mentres, na loita polo bronce, Canarias gañoulle con facilidade a Galiza por 17-32.
En infantil masculino, Andalucía levou o ouro, gañándolle por só un punto a Galiza (30-31), nun encontro ben igualado. Madrid levou o bronce gañándolle a Valencia por 31 a 25.
Partidos que se resolveron pola mínima
Outro partido que se resolveu pola mínima e nos últimos segundos, foi a final de cadete feminino, na que tan so un gol lle deu a vitoria a Castelá e León sobre Galiza (27-28). O terceiro posto no podio foi para a selección madrileña, que superou á valenciana por 26 a 22.
O último partido do Campionato Estatal de balonmán foi a final de cadete masculina na Galiza e Cataluña loitaban polo metal máis valioso. Ao final os cataláns gañaron por unha gran diferenza (29-46) a unha selección galega case sen forzas. Nesta categoría o bronce foi para Andalucía, que venceu a Madrid por un só gol (22-23).