A directora xeral para o Deporte, Marta Souto, acompañará aos equipos galegos na súa estrea. Tamén comezan as xornadas de formación para adestradores.
O campionato Estatal de balonmán nas categorías infantil e cadete comeza esta quinta feira no IFEVI, en Vigo, reunido uns dous milleiros de deportistas, ademais dos familiares que acompañan aos nenos e nenas, aproveitando as datas do Nadal que case termina.
Na primeira xornada de competición debutan as catro seleccións galegas (infantil e cadete, tanto masculina coma feminina). O equipo infantil masculino galego xoga ao mediodía contra Cataluña, mentres que o conxunto feminino debuta ás 13:30 horas contra Andalucía. O equipo masculino cadete xoga tamén contra Cataluña ás 16:00 horas; e o feminino fronte a Andalucía ás 17:30 horas.
Ademais da competición intensiva nos pavillóns do IFEVI, comezan tamén as xornadas A formación do xogador/a como obxectivo, esta quinta a partir das 10:45 horas. O primeiro relatorio correrá a cargo de Xesco Espar, técnico do FC Barcelona, baixo o título de Como se forma a intelixencia do xogador?.