Os enfrontamentos entre forzas gobernamentais e opositores, despois das eleccións do domingo, xa causaron máis de 180 mil desprazamentos de persoas, segundo datos da ONU.
Raila Odinga, líder opositor
Mwai Kibaki, o presidente de Quenia, reelixido nunhas moi discutidas eleccións, dixo esta sexta feira que está disposto a aceptar as celebracións doutros comicios, se así o deciden os tribunais. Kibaki foi elixido o pasado domingo, após un reconto electoral, atrasado e moi axustado, que mesmo é discutido polas delegacións de observadores internacionais.
A oposición non confía na decisión de Kibaki
O líder do principal partido da oposición, Raila Odinga, do ODM, dixo ter receos da decisión tomada polo seu rival político, posto que, segundo dixo, son os partidarios do presidente os que dominan o poder xudicial.
180 mil desprazados e 300 mortes
Dende o comezo dos enfrontamentos pola presunta fraude electoral, houbo 300 mortos, uns 180 mil desprazamentos (a maior parte deles foxen ao Val do Rift, ao oeste de Quenia), e hai medio millón de persoas que precisan axuda urxente, segundo a ONU.