A Cruz Vermella alerta de máis de 200 asasinatos froito dos enfrontamentos étnicos logo da votación da semana pasada.
A morte de trinta labregos que acudiran a unha igrexa na procura de refuxio e á que lle prenderon lume, é de momento o máis grave dos sucesos dos que chega noticia desde Quenia.
É un máis dos graves acontecementos que teñen lugar na que até o de agora era considerada unha das democracias africanas máis estábeis. A violencia iniciouse despois da reelección nas urnas do presidente Mwai Kibaki. A oposición, liderada por Raila Odinga, reivindica a vitoria nos comicios.
Observadores da Unión Europea afirmaron que as eleccións non conseguiron os mínimos internacionais esixíbeis para garantir a súa limpeza democrática. Comisarios electorais do propio país propuxeron crear un tribunal xudicial especial que examine o acontecido.
Recomendámoslles ampliar na BBC.