Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Entrevista en Radio Voz

Vázquez túrralle das orellas a Losada e felicita a Orozco por non pactar

O ex rexedor prognostica que os socialistas escollerán o ministro Molina como candidato para as próximas municipais.

Redacción - 09:00 04/01/2008

Non defraudou as expectativas o ex alcalde da Coruña, Francisco Vázquez, na súa intervención este xoves diante dos micrófonos de Radio Voz. Metido a diplomático a pé do Vaticano, o ex mandatario resolveu con pouca diplomacia a pregunta acerca da súa opinión sobre o actual pacto PSdeG-BNG no Concello da Coruña. "Direi unha soa cousa, porque a bo entendedor chegan poucas palabras", afirmou, "é moi boa a experiencia de Lugo con Xosé Clemente López Orozco, e el é sen dúbida o mellor alcalde que hoxe hai en Galiza, e con moita diferencia".

Malia asegurar anteriormente que "non sería moi elegante entrar a facer xuízos "sobre o que fan os actuais gobernantes da cidade", Vázquez aínda afondaría máis no agravio a quen fora seu brazo dereito no Concello e actual rexedor, Xavier Losada. Así, cualificou de "non moi brillantes" os resultados electorais dos socialistas nos últimos comicios municipais e insistiu en censurar o pacto de Losada co BNG coruñés, destacando fronte a iso o modelo seguido polo PSdeG en Lugo, evitando o entendemento cos nacionalistas e procurando acordos co PPdeG.

Das palabras de Francisco Vázquez tamén se puido intuír a súa sintonía co actual ministro de Cultura, César Antonio Molina, a quen lle atribuíu a capacidade de encher o "oco" deixado por el mesmo. Por outro lado, tamén insistiu na súa teima contra o topónimo oficial da cidade, afirmando que a actual vontade do Concello herculino por respectar a norma é exemplo do estrague da "tolerancia e convivencia" que Vázquez di ter conseguido durante os seus mandatos.


1,31/5 (13 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: