Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Avaliación do ano parlamentario

O PPdeG di ver "parálise lexislativa"

O voceiro parlamentario do PPdeG, Manuel Ruíz Rivas, opina que PSdeG e BNG están "máis preocupados por facer oposición á oposición" e por lembrar os 16 de gobernos populares que polo tempo que levan no poder.

Redacción / Europa Press - 09:00 03/01/2008

"Usan a Cámara como altofalante dos seus intereses", reprobou o voceiro parlamentario do PPdeG, Manuel Ruíz Rivas, asegurando que socialistas e nacionalistas non responden axeitadamente "cando se trata de controlar o seu labor". Así, Ruíz Rivas falou de "interpretación restritiva" do regulamento parlamentario, por exemplo á hora de definir os puntos que compoñen a orde do día de cada pleno. Como exemplo, sinalou que só un membro do Goberno compareceu a petición do PP, que formulou 50 solicitudes.

Doutra banda, quitoulle mérito ao balance de proxectos lexislativos tramitados no que vai de lexislatura. "Incumpren as súas promesas na tramitación de leis", teimou Rivas. Nese sentido, detallou que dos 35 proxectos aprobados, sete foron de creación de colexios profesionais, cinco de modificación doutras normas e tres de orzamentos. Así, o voceiro do PPdeG reduciu a só 20 os textos que foron iniciativa lexislativa de socialistas e nacionalistas.

Ao respecto, destacou que o seu grupo foi autor de dez proposicións de lei finalmente aprobadas, ás que sumou outras 15 que tamén votou a favor. "Por primeira vez a oposición ten a iniciativa" no impulso de normas, felicitouse.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: