Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Resposta á mensaxe do presidente da Xunta

O PSdeG destaca o "contido social" do discurso

O voceiro socialista no Parlamento, Ismael Rego, destacou o "convite" á sociedade para "consolidar" o xa conseguido.

Redacción / Europa Press - 09:00 02/01/2008

O voceiro do PSdeG no Parlamento de Galicia, Ismael Rego, destacou o contido social e o compromiso co medioambiente e a protección do territorio reflectidos no discurso do presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño.

Rego subliñou que as palabras do xefe do Executivo estiveron "moi próximas aos cidadáns e aos seus problemas", así como que realizaron un "claro convite" ao conxunto da sociedade para "afrontar os novos retos e consolidar o xa conseguido".

O voceiro socialista reivindicou que o presidente da Xunta aproveitou a mensaxe institucional para "compartir cos galegos o froito de todos os logros conseguidos", nos ámbitos do "traballo, dereitos dos cidadáns, atención aos dependentes, sanidade, educación, equilibrio territorial e modernización do tecido produtivo".

Por outra parte, e logo de coñecer a avaliación crítica do discurso realizada polo PPdeG, o secretario de Organización do PSdeG, Ricardo Varela, retrucoulle ao PPdeG que a "contundencia" dos datos sitúa os populares coma "o único partido afastado da realidade" dos cidadáns galegos. Varela acusou o PPdeG de "seguir instalado na dinámica destrutiva".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: