O secretario de Organización do PSdeG, Ricardo Varela, destacou a importancia do ex conselleiro na política galega dos últimos anos.
O número dous dos socialistas galegos expresou o seu "pesar" pola perda dun "activo político de primeira dimensión que seguro que aínda tiña moito que achegarlle a Galiza".
Ricardo Varela salientou "a importancia política de Cuiña e o seu papel clave na historia da autonomía galega durante as últimas dúas décadas" e dixo lamentar "profundamente" a morte do deputado do PPdeG.