O PPdeG transmitiulle á familia e os seus achegados "o afecto e cariño que nestes momentos tan dolorosos se fan necesarios".
"Despois de máis de 34 anos adicado á política e a traballar desde este partido polo desenvolvemento de Galicia, a figura de Xosé Cuiña irá sempre vencellada ao PPdeG", recolle o comunicado enviado a primeira hora deste venres polos populares.
O Partido Popular de Galicia "quere agradecer tamén as mostras de cariño e o interés que están a amosar todos os galegos despois de coñecerse a noticia".