Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A POLICÍA GALEGA VIXIARÍA AS ESTRADAS EN 2010

O Parlamento aproba por unanimidade pedir as competencias de Tráfico

O vicepresidente, Anxo Quintana, considera que a unión dos partidos “é o maior exercicio de autogoberno que se pode facer”

Redacción - 13:34 27/12/2007

Socialistas, nacionalistas e populares votaron xuntos este xoves no Parlamento para solicitarlle ao goberno español que traspase a competencia de Tráfico a Galiza. O importante acordo terá que ser referendado agora polo próximo executivo español, xa que a convocatoria de eleccións xerais e a disolución das cámaras non pemite unha aprobación antes do vindeiro mes de marzo.

O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, mostrou a súa ledicia pola suma de todas as forzas galegas da que dixo que é “o maior exercicio de autogoberno que se pode facer”. Pola súa parte, o voceiro nacionalista, Carlos Aymerich, considerou que os investimentos estatais nas estradas do país son unha débesa histórica e subliñou que o traspaso de Tráfico “é un elemento esencial” para o despregamento da futura Policía Galega. Aymerich mostrouse partidario de posibilitar o cambio de corpo policial a aqueles axentes da Garda Civil de Táfico que o desexen.

Segundo o texto aprobado polos tres partidos, a Policía Autonómica tería todas as competencias en Tráfico en 2010. A Xunta terá todas as competencias na materia agás as de expedir, revisar e cambiar os permisos de conducir e a matriculación e licenza de circulación.

Consellos Sociais das universidades

Por outra parte, o Parlamento elixiu este xoves seis membros para cada un dos Consellos Sociais das universidades galegas. Así, pola Universidade da Coruña estarán Sonia Romero e Virxinia Salvo (PSdeG); Manuel Caamaño (BNG); e Xoán Carlos González, Xosé Manuel Vilariño e Marcelo Castro-Rial (PPdeG).

No Consello Social da Universidade de Vigo estarán Xulio Estévez e Mónica Vázquez (PSdeG); Xesús López (BNG); e Ernesto Pedrosa, Luis Carrera e Xosé María Barreiro (PPdeG).

Finalmente, elixiron para o Consello Social da Universidade de Santiago a Henrique Feáns e María Isabel Salazar (PSdeG); Óscar Fernández (BNG); e José Sierra, Miguel de la Calle e Raúl López (PPdeG).


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: